En este momento estás viendo Publicado artigo sobre a preservación medioambiental do bosque a András

Publicado artigo sobre a preservación medioambiental do bosque a András

Publicado, co meu colega Fernando Martínez, un artigo describindo a experiencia de responsabilide social corporativa no bosque de András, en Vilanova de Arousa «Preservación medioambiental cuando las políticas públicas no son suficientes: un ejemplo de protección participativa del Bosque Atlántico en el noroeste de España»Este artigo, incorporado en inglés á revista jurídica digital UANDES👇:

https://rjd.uandes.cl/index.php/rjduandes/article/view/191/214

Indexado en SCOPUS, describe e analiza o caso concreto da Comunidade de Montes de András na que unha conserveira da zona -Pérez Lafuente- comenzou a patrocinar a preservación dun espazo de frondosas de 16 hectáreas, dándose a circunstancia de que incluso actualmente o espazo de frondosas está sendo ampliado.
Este artigo forma parte dun proxecto máis amplo no que traballa o Observatorio ligando gobernanza e sustentabilidade, do que tamén forma parte o Convenio do “Bosque-Escola Juan Manuel Pérez Eyré” recentemente asinado en Vilagarcía e outras iniciativas que están en tramitación.
O impacto do artigo, do grupo de investigación “Observatorio da gobernanza G3”, describe o proceso de negociación e gobernanza participativa que permitiu patrocinar esta iniciativa de preservación de bosque autóctono. Deste xeito se amosa unha práctica exitosa -de RSC ou Responsabilidade Social Corporativa- que pode ser replicada noutros territorios e que implica ás empresas da zona na necesidade de preservar a natureza da que se valen nos seus procesos productivos.

Con este artigo se concreta a factibilidad, a posibilidade real de utilizar alternativas de desenvolvemento das economías locais coidadosas co medio natural.

So saiu en inglés…sorry