En este momento estás viendo Publicado artigo sobre o control horario na Administración local de Galicia

Publicado artigo sobre o control horario na Administración local de Galicia

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Recursos Humanos

Publicado, co meu colega Fernando Martínez, un artigo sobre o control horario na Administración local galega.

https://doi.org/10.36402/regap.v1i70.5319

No presente estudo preténdese coñecer o grao de cumprimento do horario por parte do persoal que presta servizos nas entidades locais de Galicia. Para iso o traballo divídese en dous grandes bloques. En primeiro lugar, expóñense os obxectivos, esbozando o marco teórico que proporcione unha base panorámica da situación dos recursos humanos, singularmente na gobernanza local, para a continuación incidir na normativa reguladora da xornada de traballo e nos parámetros establecidos para o control horario dos efectivos locais. O segundo bloque, aborda o cuestionario enviado a un número representativo e diverso de entidades locais de Galicia, analizándose os resultados remitidos polas devanditas entidades.