Artigo na Voz de Galicia sobre debates actuais do emprego público en España
Ao fío da intención do Goberno de fomentar a igualdade no acceso á xudicatura, buscando a equidade independentemente da capacidade económica de quen oposita, cabe introducir un debate máis importante sobre a evolución que han de ter os procesos selectivos no sector público.
Buscar a equidade entre os opositores é unha cuestión a abordar de maneira imperiosa, certo. De feito, é sabido que as desigualdades económicas afectan non só á xudicatura, senón a moitos outros corpos funcionariais, sobre todo cando se preparan grupos altos: gasto en academia, tempo de preparación, necesidade de estudar a tempo completo pola complexidade da oposición… Con todo, aínda compartindo estas razóns de procura de igualdade, parece idóneo momento para unha análise máis profunda. O modelo de carreira e os seus sistemas de selección, propio do Estado español e herdado á súa vez do modelo francés, parece dar síntomas claros de esgotamento e incoherencia no momento dixital actual. (más…)